De acordo coa normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, procedemos a informalo do tratamento de datos persoais que realizamos dos nosos clientes e/ou usuarios da presente páxina web.
1.- Responsable do tratamento dos datos
BINARIAL AUTOMATIZACION Y ROBOTICA, SL (en diante BINARIAL) EDIF. CIE- MANS, A ESCRAVITUDE, SN – 15980 PADRÓN (A CORUÑA)
2. Finalidade do tratamento, lexitimación e prazo de conservación
BINARIAL poderá tratar os seus datos de carácter persoal de acordo coas seguintes finalidades:
SERVIZO DE ATENCIÓN AO USUARIO A TRAVÉS DO FORMULARIO DE CONTACTO E/OU ENVÍO DE CORREOS ELECTRÓNICOS
Finalidade de tratamento: trataremos os datos estritamente necesarios para xestionar a súa petición.
Lexitimación: existe un interese lexítimo por ambas partes para a resolución de solicitudes ou consultas.
En caso de reclamacións relacionadas cos nosos produtos ou servizos, a lexitimación é o cumprimento de obrigas legais pola nosa parte.
Prazo de conservación: o tempo necesario para dar resposta á súa solicitude e en calquera caso, ata que transcorra o prazo de prescrición de posibles accións de responsabilidade derivadas do tratamento.
3. Destinatarios de cesións
Non cederemos os seus datos a terceiros, salvo para dar cumprimento a unha obriga legal.
4. Política de cookies
Para revisar o tratamento de datos relativo ás cookies, pode consultar a política de cookies, dispoñible nesta mesma páxina web. Poderá configurar as súas preferencias respecto ao uso de cookies no propio aviso de configuración de cookies.
5. Dereitos
Por último, informámolo dos seus dereitos en materia de protección de datos.
-
Dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais.
-
Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión.
-
Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento, e a opoñerse ao tratamento.
-
Dereito á portabilidade dos datos.
-
Dereito á retirada do seu consentimento.
Pode enviar a súa solicitude a través da conta de correo electrónico: info@binarial.es. Se considera que non atendemos correctamente os seus dereitos, poderá formular unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, a través das seguintes vías:
- Sede electrónica: www.aepd.es
- Correo postal: C/ Jorge Juan 6, 28001 – Madrid
- Teléfono: 901 100 099 – 91 266 35 17
6. Medidas de seguridade
BINARIAL ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, a perda e o tratamento e/ou o acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos procedentes da acción humana ou do medio físico e natural aos que están expostas.