Saltar ao contido
Contacto
← Sala de prensa
Binarial30 xuñ 2026

A tecnolóxica galega BINARIAL dá o salto á defensa nacional da man de Navantia

BINARIAL, a empresa tecnolóxica con base de operacións en Ames foi a adxudicataria de dous proxectos estratéxicos do Ministerio de Defensa no marco do proxecto Elementos Esenciais do Buque Autónomo (EEBA) que desenvolverá en consorcio con Navantia e a asturiana Satec.

 

A adxudicación, confirmada en Sevilla e respaldada pola Armada, o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) e a Asociación da Industria de Defensa (AINDEF), supón un recoñecemento á tecnoloxía de Intelixencia Artificial Física (Physical AI), que será aplicada aos contornos tácticos de defensa máis esixentes, onde a fiabilidade e a capacidade de decisión son críticas.

Segundo explican desde a compañía, EEBA é unha iniciativa de innovación aberta promovida pola Armada para acelerar o desenvolvemento de tecnoloxías duais e fortalecer a base industrial e tecnolóxica de defensa española. “A adxudicación de dous destes retos sitúa a BINARIAL entre as empresas con maior contribución ao desenvolvemento das capacidades tecnolóxicas que definirán a próxima xeración de sistemas navais autónomos en España”. 

Un dos proxectos é NÉBOA, que desenvolverá en colaboración con Navantia e que consiste no desenvolvemento dun sistema de toma de decisións para garantir unha navegación marítima cen por cen autónoma, pasiva e onde as decisións do sistema poden ser comprendidas, auditadas e xustificadas polos operadores. A proposta de Binarial asegura a operatividade total en contornos de sinal satelital denegado, garantindo misións sen dependencias externas.

A outra iniciativa é TETHRA. En consorcio con Satec, a tecnolóxica galega desenvolverá un sistema avanzado de mando e control para enxames de drons mariños baseado en redes descentralizadas. Esta tecnoloxía permite a cooperación autónoma e a reorganización automática do sistema ante a perda de unidades, eliminando a vulnerabilidade de depender dun servidor central.

 

“Lograr este nivel de recoñecemento competitivo é o resultado directo da nosa aposta constante pola I+D de vangarda en Physical AI. A verdadeira soberanía constrúese desde o talento e a capacidade de execución, garantindo sistemas autónomos avanzados sen dependencias de terceiros”, destacou Rodrigo Randulfe, CEO e cofundador de Binarial.

Compartir LinkedIn Correo

Máis noticias

Ver todas as noticias