Segundo ano de avances e consolidación do proxecto eFABIS

O proxecto eFABIS continúa avanzando na investigación e desenvolvemento de tecnoloxías clave en Manufacturing, co obxectivo de impulsar novos procesos produtivos que faciliten a transición de BorgWarner cara a unha estratexia empresarial baseada na sustentabilidade, a dixitalización e a fabricación intelixente.
A iniciativa enmárcase nos retos que formula a mobilidade do futuro, especialmente en relación co vehículo eléctrico e conectado. Para iso, BorgWarner conta co apoio de CTAG, organismo de investigación de referencia para o sector da automoción en Galicia, e de Binarial, pemes tecnolóxica especializada en procesos produtivos avanzados.
Ao peche da segunda anualidade, o consorcio logrou avances significativos en todas as liñas de investigación expostas:
-
Desenvolvemento de eProcesos e Robotización Avanzada: Durante esta anualidade profundouse no deseño e na maduración dos novos procesos produtivos para a fabricación de eCoolers, incorporando melloras en automatización, integración de sistemas e capacidade de escalado.
-
Ensaios e validacións dos novos procesos xerados: Ampliáronse as metodoloxías de ensaio e validación iniciadas no primeiro período. Ademais, nesta fase executáronse novas campañas de test, obtendo resultados preliminares que permiten consolidar e axustar os procesos en desenvolvemento.
-
Loxística 4.0: Continuouse evolucionando o concepto do AMR ad-hoc, con avances no seu deseño funcional, navegación intelixente e compatibilidade cos fluxos do novo proceso. Tamén se realizaron probas piloto que permiten validar o seu desempeño en escenarios loxísticos reais e optimizar a súa integración na planta.
Polo exposto, eFABIS segue reforzando as bases para unha transformación estratéxica da planta de BorgWarner en Vigo. Os avances acadados permiten situar a compañía nunha posición favorable para abordar a fabricación de produtos disruptivos, avanzados e de alto valor engadido vinculados ao vehículo eléctrico e conectado, apoiándose nunha sólida actividade de I+D e en tecnoloxías habilitadoras de nova xeración.

O proxecto estratéxico eFABIS está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, no marco da convocatoria “Fábrica Intelixente e Sustentable 2023″ (DOG Nº 128, do 6 de xullo de 2023), con código de expediente IN854A 2023/07, e cofinanciado pola Unión Europea.


