Saltar ao contido
Contacto
← Sala de prensa
Binarial30 xuñ 2026

BINARIAL, a empresa galega que desenvolve tecnoloxía para a Armada e xa pensa no seu propio humanoide

Desenvolver robótica aplicada á industria. Este é o traballo que desenvolve desde 2022 Binarial, unha empresa creada en Padrón que pouco despois se trasladou a Ames, desde onde un equipo formado por 15 persoas busca solucións para axilizar traballos como a detección de defectos en envases e optimizar operacións industriais.

A vida de Binarial é curta pero intensa. Esta empresa innovadora de base tecnolóxica 100% galega desenvolveu varias solucións a retos da industria, coa que colabora a longo prazo para mellorar resultados. Máis alá disto, acaba de resultar adxudicataria na última convocatoria do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), avalada pola Armada Española, para desenvolver tecnoloxía dual xunto a Navantia e SATEC.

  
Desenvolver robótica aplicada á industria. Este é o traballo que desenvolve desde 2022 Binarial, unha empresa creada en Padrón que pouco despois se trasladou a Ames, desde onde un equipo formado por 15 persoas busca solucións para axilizar traballos como a detección de defectos en envases e optimizar operacións industriais.

A artesá galega que restaura xigantes de 3,5 metros: “Gústame que volvan ter vida”
A vida de Binarial é curta pero intensa. Esta empresa innovadora de base tecnolóxica 100% galega desenvolveu varias solucións a retos da industria, coa que colabora a longo prazo para mellorar resultados. Máis alá disto, acaba de resultar adxudicataria na última convocatoria do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), avalada pola Armada Española, para desenvolver tecnoloxía dual xunto a Navantia e SATEC.

 
A firma, desta forma, trasladará a tecnoloxía que xa funciona con éxito nas súas plataformas robóticas autónomas a dúas áreas: a navegación marítima 100% autónoma aínda que non haxa sinal de satélite e o mando e control de enxames de drons mariños baseados en redes descentralizadas. Dous retos estratéxicos nos que xa traballa a empresa de Ames, que prevé ter os primeiros resultados a finais deste ano.

Solucións para a industria
“Fundamos a empresa tres amigos aos que nos gustaba moito a robótica e decidimos apostar por esta área aplicada á industria. Empezamos a facer proxectos industriais de enxeñaría e, de forma paralela, desenvolver os nosos propios robots”, explica o CEO de Binarial, Rodrigo Randulfe, que concreta que aínda que favorecen o teletraballo o tipo de labores que desenvolven implican ter acceso físico aos sistemas.

 
A firma, que naceu en Padrón, desenvolve actualmente a súa actividade en Ames, a onde se trasladou tras atopar unhas oficinas con laboratorio, máis acordes ás necesidades que lles xurdían. E é que Binarial é unha empresa inconformista, en procura constante de novos retos que asume con compromiso e unha estreita colaboración entre os diferentes departamentos que a forman.

O primeiro reto ao que se enfrontou foi o desenvolvemento de robots móbiles, chamados AMR (Robots Móbiles Autónomos), que circulan de forma autónoma polas fábricas para trasladar a mercadoría dun lugar a outro. “Despois empezamos a traballar con operadores bimanuais e agora estamos con robótica humanoide”, sinala Randulfe.

O CEO de Binarial explica que todo este traballo se engloba na robótica intelixente: “Son robots que funcionan dunha maneira non lineal. Eles toman as súas propias decisións e son capaces de executar tarefas que non son cotiás e estandarizadas. Todo isto está englobado nunhas tecnoloxías para aplicar a intelixencia artificial ao mundo real. É o que se chama actualmente Physical AI”.

“O noso obxectivo é construír máquinas que entendan o mundo físico. Todas as nosas liñas de traballo conflúen nunha mesma visión: levar a intelixencia artificial fóra da pantalla e convertela en robots e sistemas capaces de percibir, decidir e actuar de forma autónoma”

Rodrigo Randulfe, CEO de Binarial

A empresa encárgase tanto do desenvolvemento do robot no que respecta á mecánica e á montaxe ata da creación do seu corazón ou cerebro, que son os que determinan o pensamento. Algo que lles permite flexibilizar as tarefas das que poden encargarse estes androides nos que aínda se pensa como algo do futuro cando xa forman parte do presente.

“O noso obxectivo é construír máquinas que entendan o mundo físico. Todas as nosas liñas de traballo conflúen nunha mesma visión: levar a intelixencia artificial fóra da pantalla e convertela en robots e sistemas capaces de percibir, decidir e actuar de forma autónoma”, indica Rodrigo Randulfe.

Binarial ten na súa páxina web varias solucións diversas que, desta forma, conflúen na mesma vertente: a robótica intelixente. A empresa escoita as necesidades dos seus clientes e fai que os robots actúen dunha forma determinada segundo o que se requira deles.

Randulfe concreta que actúan como unha enxeñaría que ofrece “todo tipo de solucións para a industria” baseadas nun alto grao de tecnoloxía. “O equipo que temos en Binarial son enxeñeiros, matemáticos… capaces de abordar este tipo de casuísticas”, explica o CEO da compañía.

Os retos de Binarial: da Armada a humanoides
Binarial foi adxudicataria de dous retos estratéxicos do Ministerio de Defensa no marco do proxecto Elementos Esenciais do Buque Autónomo (EEBA). A validación, outorgada pola Armada Española, o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) e AINDEF, supón a aplicación directa da súa tecnoloxía de Intelixencia Artificial Física (Physical AI) aos contornos tácticos de defensa máis esixentes.

Un deles, Néboa, está desenvolvido en consorcio con Navantia e consiste no desenvolvemento dun sistema de toma de decisións para garantir a navegación marítima 100% autónoma, pasiva e explicable. “Neste tipo de arquitectura úsanse contornos nos que non hai GPS, hai sinal satelital denegado. Nós usamos algoritmos e sistemas de intelixencia artificial e posicionamento para garantir misións sen depender desta parte de satélite”, indica Randulfe.

Tethra, en consorcio con SATEC, é unha arquitectura avanzada para o control de enxames de drons ou buques mariños autónomos. “Baseámolo en redes totalmente descentralizadas, que permite que pequenos ou grandes buques autónomos se coordinen entre eles e sexan capaces de xerar unha reorganización topolóxica en caso de que exista algunha perda ou algún tipo de desconexión”, indica o CEO de Binarial.

Os buques, desta forma, poden reagruparse ou patrullar de forma autónoma se se produce algún problema, eliminando a vulnerabilidade que supón ter o control centralizado.

“Ao desenvolver as tecnoloxías baseadas en robótica, desde o software ata o know-how, xeramos competitividade interna. Non dependemos de factores externos e o que estamos xerando é unha soberanía tecnolóxica”

Rodrigo Randulfe, CEO de Binarial

Binarial traballa para rematar ambos os dous proxectos “o máis rápido posible”, coa mirada posta a finais de 2026. “É unha noticia moi importante porque a aplicación de tecnoloxías duais estaba dentro das liñas estratéxicas da empresa. Isto permítenos que todo o coñecemento e o desenvolvemento que temos poida aplicarse a un sector en voga como o de defensa”, celebra Randulfe tras a adxudicación.

“Ao desenvolver as tecnoloxías baseadas en robótica, desde o software ata o know-how, xeramos competitividade interna. Non dependemos de factores externos e o que estamos xerando é unha soberanía tecnolóxica”, engade o CEO desta moza compañía, para a que esta noticia supuxo un gran impulso.

Máis alá destes dous proxectos e do traballo diario da empresa, Binarial traballa a medio-longo prazo na fabricación e desenvolvemento de humanoides bípedos propios. “Traballamos sobre a tecnoloxía para poder crear o novo ecosistema de humanoides, robots con características humanas que realizan diferentes tarefas”, sinala Randulfe.

“Temos xente moi preparada, hai moitísimo talento en Galicia e nas escolas de enxeñeiros de aquí”

Rodrigo Randulfe, CEO de Binarial

Estes humanoides teñen as aplicacións propias da industria cotiá, especialmente tarefas repetitivas ou perigosas. “Estamos desenvolvendo e facendo varias probas de concepto con algunhas empresas para poder empezar a ver como integramos este tipo de tecnoloxías”, explica o cofundador da firma.

Tres proxectos ambiciosos e ilusionantes cos que Binarial achega o futuro ao presente. “Temos xente moi preparada, hai moitísimo talento en Galicia e nas escolas de enxeñeiros de aquí. Esta tecnoloxía é a que nos fai erguernos todas as mañás para poder loitar, para poder ter este tipo de tecnoloxías realizadas por nós”, reivindica o CEO da compañía.

O futuro da IA
As noticias do desenvolvemento de novas tecnoloxías poden resultar, en ocasións, abafadoras ou mesmo asustar ou xerar certas reticencias. Pero nada máis lonxe da realidade. “O avance tecnolóxico en si sempre é unha vantaxe competitiva e ademais é un elemento de valor social”, reivindica Rodrigo Randulfe, que sinala que estes avances son vantaxosos tanto na industria como na ciencia.

“A industria de Europa ten un problema de escaseza de persoal para realizar tarefas físicas repetitivas ou perigosas. Aí as nosas tecnoloxías poden achegar moitísimo valor: non se trata de substituír as persoas, senón facer fábricas máis competitivas e poder xerar postos de traballo de alto valor engadido”, sinala o CEO de Binarial.

“A industria de Europa ten un problema de escaseza de persoal para realizar tarefas físicas repetitivas ou perigosas. Aí as nosas tecnoloxías poden achegar moitísimo valor: non se trata de substituír as persoas, senón facer fábricas máis competitivas e poder xerar postos de traballo de alto valor engadido”

Rodrigo Randulfe, CEO de Binarial

A intelixencia artificial é unha das grandes incógnitas, sobre todo no que respecta á súa regulación. Rodrigo Randulfe explica que no seu caso traballan con IA aplicada á parte física e que os seus grandes competidores, dos Estados Unidos ou de países de Asia, “levan bastante vantaxe neste tipo de aplicacións en intelixencia artificial e industria”.

“En Europa o que se debería facer primeiro é empezar a desenvolver tecnoloxía sostible e sobre todo propia, e ir regulando á vez. A regulación ten que ir á par que a xeración de coñecemento, debería haber un consenso e unha forma de evolucionar e crecer”, conclúe o CEO desta empresa que, desde logo, de medrar sabe moito.

Compartir LinkedIn Correo

Máis noticias

Ver todas as noticias