Saltar ao contido
Contacto
← Sala de prensa
Binarial2 dec 2024

Avanza o proxecto estratéxico eFABIS conformado polo consorcio Borgwarner | CTAG | Binarial

O proxecto eFABIS oriéntase á investigación e desenvolvemento en tecnoloxías clave en Manufacturing, co obxecto de xerar novos procesos produtivos que permitan a BorgWarner transitar cara a unha nova estratexia empresarial baseada na sustentabilidade e a dixitalización, que sexa capaz de dar resposta aos retos da mobilidade do futuro arredor do vehículo eléctrico e conectado. Esta iniciativa conta co apoio de CTAG como organismo de investigación de referencia para o sector da automoción en Galicia, e con Binarial como pemes de base tecnolóxica especializada en procesos produtivos de altas prestacións.

No primeiro período de execución do proxecto foi posible avanzar nas distintas liñas de investigación definidas, a saber:

  • Desenvolvemento de eProcesos e Robotización Avanzada: Deseño, desenvolvemento e optimización de novos procesos produtivos para a fabricación de eCoolers.

  • Ensaios e validacións dos novos procesos xerados: Concepción de novas metodoloxías e ferramentas avanzadas para a validación dos novos procesos produtivos, e lanzamento dos primeiros test.

  • Loxística 4.0: Análise, deseño e optimización para o desenvolvemento dun AMR (Autonomous Mobile Robot) ad-hoc, en base ás particularidades do novo proceso.

O principal efecto esperado con este proxecto é o de iniciar unha renovación estratéxica da planta produtiva de BorgWarner en Vigo, que permita comezar a fabricar novos produtos disruptivos, avanzados e de maior valor engadido para o vehículo eléctrico e conectado, baseados na I+D.

O proxecto estratéxico eFABIS está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, no marco da convocatoria “Fábrica Intelixente e Sustentable 2023″ (DOG Nº 128, do 6 de xullo de 2023), con código de expediente IN854A 2023/07, e cofinanciado pola Unión Europea.

Compartir LinkedIn Correo

Máis noticias

Ver todas as noticias