Binarial en FP Innova 2025: a robótica móbil como motor de transformación

Compracémonos en compartir a nosa participación no Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova 2025, celebrado do 26 ao 28 de marzo na Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela.
Este evento, organizado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, consolidouse como un referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica na comunidade.
Durante o congreso, tivemos a oportunidade de presentar varios dos nosos robots móbiles aplicados en diversos proxectos innovadores. A continuación, detallamos a nosa participación en cada un deles.
Follow Me 5.0
En colaboración co CIFP Universidade Laboral, participamos no proxecto “Follow Me 5.0”, que combina as familias profesionais de electricidade e electrónica e a de hostalaría e turismo.
Este sistema intelixente permite aos nosos robots móbiles asistir aos usuarios en contornos turísticos, guiándoos de maneira autónoma por diferentes instalacións e proporcionando información relevante en tempo real.

Receptrónica: robótica, IA e realidade estendida na recepción hoteleira
Xunto co CIFP de Vilamarín, colaboramos en “Receptrónica”, un proxecto que integra tecnoloxías intelixentes, robótica, intelixencia artificial e realidade estendida no ámbito da recepción hoteleira.
Os nosos robots móbiles desempeñan un papel clave na automatización de tarefas de recepción, mellorando a eficiencia e a experiencia do cliente en establecementos hoteleiros.

un agasallo do noso brazo robótico.
Intelligence Picking: sistema de automatización de almacéns mediante robótica móbil e IA
Participamos no desenvolvemento deste sistema avanzado que axuda a optimizar a xestión e o picking de produtos.
Os nosos robots encárganse de colaborar na mellora da eficiencia operativa, reducindo erros e tempos de procesamento en contornos loxísticos.

Agricultura de precisión en cultivos galegos km 0
Formamos parte do proxecto, da man do IES Plurilingüe de Valga, que integra as familias profesionais de agraria, electricidade e electrónica, fabricación mecánica e instalación e mantemento.
Os nosos robots móbiles aplícanse en tarefas agrícolas, recompilando datos en tempo real e asistindo na toma de decisións para mellorar a eficiencia e a sustentabilidade dos cultivos locais.

tipo de cultivo, para realizar tarefas automaticamente.
Ademais, aínda que non participamos de forma activa, colaboramos co proxecto “3D-RECOPLAS”, unha iniciativa desenvolvida polo IES Politécnico de Vigo que busca aproveitar a impresión 3D como ferramenta para a reciclaxe de plásticos, integrando coñecementos de distintas ramas industriais. Gústanos apoiar este tipo de propostas que combinan sustentabilidade e tecnoloxía.

Aquí vémolo aplicado a unha impresora 3D.
FP Innova 2025 permitiunos demostrar como a robótica móbil pode integrarse en sectores tan diversos como o turismo, a loxística e a agricultura.
Máis alá de presentar tecnoloxía, puidemos intercambiar ideas, explorar novas aplicacións e conectar con centros educativos e empresas que comparten a nosa visión da automatización.
Cremos que a clave da transformación dixital está en desenvolver solucións que non só sexan innovadoras, senón que tamén sexan accesibles e aplicables no día a día das empresas. Seguimos avanzando co propósito de levar a automatización industrial un paso máis alá.


