Binarial27 ago 2024
Búscase investigador/a para robótica e IA.

En BINARIAL® buscamos enxeñeiros, matemáticos e afíns, para investigar en intelixencia artificial aplicada á industria. Requírese graduado con coñecementos de algoritmos, aplicación de IA e adaptabilidade para mellorar a eficiencia enerxética e produtiva de elementos robotizados industriais.
Ofrécese 1 posto de traballo en empresa tecnolóxica. Bo ambiente laboral con posibilidade de teletraballo. Formación e plan de carreira profesional dentro da empresa. Días de conciliación e actividades de cohesión grupal. Salario desde 26.000€ ata 30.000€ brutos máis variables por obxectivos.
Investigador/a en Intelixencia Artificial aplicada á industria (Programa Investigo)
Enviar currículo cego a info@binarial.es con referencia INV_R_2024


