Troo: o noso robot móbil para a industria do futuro

O desenvolvemento da robótica móbil pasou de ser un concepto de futuro a unha realidade presente, e estamos orgullosos de formar parte desta revolución. Coa creación dos nosos propios robots móbiles, demos un paso significativo cara á automatización industrial avanzada.
Un dos nosos logros máis recentes foi a posta en marcha de Troo, deseñado para adaptarse rapidamente a contornos industriais; sendo unha opción do máis versátil.
Durante a fase de probas, non só cumpriu coas expectativas, senón que as superou. A facilidade coa que este robot se integrou foi notable. Desde o primeiro momento, programáronse rutas e tarefas específicas, e en cuestión de horas xa estaba operando con fluidez na fábrica.

Este éxito temperán permitiu visualizar rapidamente as vantaxes que aportará á cadea: facilitará o subministro de materias primas aos distintos postos de traballo, optimizando o proceso de produción e reducindo tempos de espera.
Un dos aspectos máis interesantes desta experiencia foi a rápida aceptación do robot por parte do persoal da fábrica. Non só o viron como unha ferramenta útil, senón case como un “novo compañeiro”.
Foi gratificante ver como os traballadores saudaban a Troo ao pasar polos corredores, xa que rapidamente recoñeceron o valor que lles aportará no seu día a día, ao reducir as longas camiñadas en busca de materiais e subministracións. Non nolo dixeron directamente, pero parece que os operarios xa lle deron un alcume.
Ademais, un dos seus puntos fortes é a súa capacidade para axustarse ás demandas cambiantes do contorno industrial.

Xa estamos traballando na configuración final do robot para que poida cumprir coas especificacións requiridas. Unha vez instalado de maneira definitiva, tamén ofrecerá unha solución escalable a medida que as necesidades da fábrica evolucionen.
Se ben Troo foi a estrela da nosa última presentación, estamos, así mesmo, comprometidos co desenvolvemento educativo das novas xeracións. O noso robot Compy® Educación foi deseñado específicamente para que os estudantes teñan un acceso doado e práctico ao mundo dos robots móbiles autónomos.
En resumo, estamos construíndo o futuro da robótica móbil, tanto en contornos industriais como educativos. Con Troo, demostramos que os nosos robots non só son altamente eficientes, senón que tamén poden integrarse rapidamente no día a día de calquera fábrica. E con Compy® Educación, estamos preparando a próxima xeración para liderar o futuro da automatización.
Estamos dispostos a seguir innovando.


